Reunión da CONFAPA coa Valedora do Pobo

imaxe sede valedor do pobo

Hoxe 15 de outubro reunímos ás 13.00h unha delegación da CONFAPA-GALICIA coa VALEDORA DO POBO para tratar, entre outros,  da gratuidade dos libros de texto no Ensino Público.

Podemos afirmar que a gratuidade dos libros e, no seu defecto, o sistema de préstamo universal que é unha reivindicación histórica da CONFAPA e do conxunto do movemento asociativos das familias, é compartido pola Sra. Valedora, comprometéndose ella, desde o seu posto, a facer todo o que estea na súa man para que a Consellería de Educación contemple tal demanda das nais e pais da escola pública.

Compartimos as mesmas razóns, os mesmos motivos e as mesmas propostas aportadas por CONFAPA-GALICIA para que a escola pública ofreza a gratuidade como un dereito dos nosos fillos e fillas e non como un servizo complementario.

A Valedora ofreceunos a súa colaboración solicitando o mesmo da nosa organización para un traballo conxunto, coordinado e encamiñado ao mesmo fin. Asemade valorou moi positivamente a participación das familias na educación dos seus fillos e o noso papel nas comunidades educativas dos Centros de Ensino.

 

Ti que opinas? on "Reunión da CONFAPA coa Valedora do Pobo"

Deixa un comentario

O teu email no se publicará.

*



*