Campaña sobre a devolución do importe dos libros de texto

libros de texto

Xunto as Confederacións e Federacións de ANPAS integradas en CEAPA, (máis de 12.000 ANPAS federadas), CONFAPA-GALICIA lanza unha Campaña sobre a devolución do importe dos libros de texto.

A escolarización é gratuita nas etapas obligatorias e, con todo, a redución presupuestaria destinada a axudas e becas foi importante, chegando ata a suprimirse nalgunhas CCAA, o que derivou en que moitas familias non dispoñan de recursos económicos suficientes para comprar os libros e materiais que recolle o listado que se facilita por parte dos centros para ser adquiridos polas familias do alumnado.

En bo número de centros educativos e por parte dun importante número de docentes está recollida a obligatoriedad de asistir a clase con todo o material necesario, libros de texto incluídos, informando que este incumplimiento carrexa sancións, castigos, aplicación nos criterios de avaliación que supón mérma nas notas, etc. chegando ao caso ata da expulsión por este motivo.

Ante a presión que o alumnado recibe tanto por parte do docente como por parte do grupo de iguais, xa que se converte en foco de atención por este motivo, a súa familia realiza a compra destes materiais e libros destinando os ingresos que en moitas ocasións tiñan a finalidade de cubrir necesidades básicas como a alimentación ou o pago da vivenda, etc.

Ante as múltiples chamadas e consultas recibidas por parte de nais e pais, ANPAs e as FANPAs das catro provincias galegas, CONFAPA ven de rexistrar unha consulta á Consellería de Educación da Xunta de Galicia e ao Presidente do Consello Escolar de Galicia, (achégase), na que se pregunta pola base legal sobre a que se sustenta a obligatoriedad de adquisición por parte das familias dos materiais elixidos polos docentes para impartir a súa asignatura, en etapas obligatorias e, polo tanto, gratuitas.

Igualmente, CEAPA, realizaóu unha consulta no mesmo senso que xa tivo resposta do Ministerio de Educación, Cultura e Deportes. A resposta enviada por parte do MECD (achégase) non aporta ningunha base legal que obrigue á compra dese material e recoñece a responsabilidade do MECD e das administracións autonómicas que teñen transferidas as competencias en educación.

Ti que opinas? on "Campaña sobre a devolución do importe dos libros de texto"

Deixa un comentario

O teu email no se publicará.

*



*