Fondo solidario de libros de texto e axudas para a adquisición de libros de texto e material escolar

libros-de-texto

 

Beneficiarias:

Aquelas familias con alumnado matriculado en centros docentes da Comunidade Autónoma de Galicia sostidos con fondos públicos nas modalidades de gratuidade solidaria que se relacionan a seguir:

  • Fondo solidario de libros de texto do alumnado matriculado en 3º, 4º, 5º e 6º de EP, e en 1º, 2º, 3º e 4º de ESO
  • Axudas para adquirir libros de texto destinadas ao alumnado matriculado en 1º e 2º de EP, e en EE, así como as axudas que pode recibir o alumnado incluído na disposición adicional primeira da orde
  • Axudas para material escolar destinadas ao alumnado matriculado en EP, ESO e EE

Obxecto:

As distintas modalidades de axudas teñen como obxecto apoiar as familias con menos ingresos para dispoñer dos libros de texto e material escolar.

Prazo de presentación de solicitudes:

Iniciarase o día 22 de maio de 2018 (día seguinte da publicación da orde no Diario Oficial de Galicia) e rematará o día 22 de xuño de 2018.

O alumnado que non estea admitido nin coñeza en que centro vai estar escolarizado no curso escolar 2018-2019, deberá presentar a solicitude no centro no que está matriculado no curso 2017-2018.

 

O alumnado que se incorpore ao centro docente fóra deste prazo disporá dun mes contado a partir do día seguinte ao da formalización da matrícula.

Non se poderán presentar solicitudes despois do 31 de marzo de 2019.

Fondo de libros

Intruccións:

Se dispoñen de Chave365 ou certificado dixital poden cubrir o formulario de solicitude a través do menú Cidadán.

Unha vez creada a solicitude poden optar por:

  • Imprimir o formulario xerado pola aplicación e achegalo ao centro educativo para o que se solicita.
  • Presentalo telematicamente na Sede Electrónica da Xunta de Galicia a través da aplicación.

Se prefiren presentar a solicitude presencialmente no centro poden descargar os anexos no seguinte enlace.

Máis información:

Orde DOG Luns, 21 de marzo

Convocatoria do fondo solidario de libros de texto e axudas para libros de texto e material escolar para o alumnado de primaria, ESO e educación especial para o curso escolar 2018/2019

 

Ti que opinas? on "Fondo solidario de libros de texto e axudas para a adquisición de libros de texto e material escolar"

Deixa un comentario

O teu email no se publicará.

*



*