Estás na etapa de elixir colexio?
Sen dúbida, a elección do centro educativo é unha das decisións máis importantes que deben adoptar as familias. Os primeiros anos son cruciais para o desenvolvemento das túas fillas e fillos. Por que é tan importante?
- No cole descobren o pracer de aprender. Adquirirán habilidades cognitivas e tamén hábitos e rutinas que lle servirán ao longo da súa vida.
- É o lugar onde empezan a tomar conciencia dos seus propios actos, onde adquiren valores e aprenden a compartir, respectar e vivir con alumnado da súa mesma idade.
- O cole contribuirá ao seu desenvolvemento físico e afectivo, e axudaralles a controlar as emocións e a gañar confianza. É o espazo onde desenvolverán a súa creatividade e estimularán a súa imaxinación.
Que prioridades debes ter en conta?
Unha boa elección require ter en conta unha serie de prioridades que influirán no crecemento e aprendizaxe. Sempre é interesante solicitar a máxima información e valorar cuestións como:
- A participación das familias nas actividades dos centros: o papel activo das nais e pais contribúe a mellorar a calidade do ensino e a formación do alumnado.
- Servizos complementarios: para moitas familias que deben conciliar a vida laboral e familiar é básico contar cun centro escolar que dispoña de aula matinal, comedor, transporte e actividades extraescolares.
- É importante que o cole conte cun proxecto educativo innovador que fomente as capacidades do alumnado e cun equipo de profesionais docentes cualificados.
Necesitas máis razóns?
- Na escola pública recíbese unha formación humanista de alta calidade, orientada ao desenvolvemento da persoa.
- Conta coa vantaxe de que é participativa e xestiónase de forma democrática, coa implicación das nais e pais, do propio alumnado e do persoal docente.
- A escola pública é a vacina contra o adoctrinamiento e é a única que garante a igualdade na educación, sen discriminación por razóns étnicas, de xénero ou de calquera outro tipo.
- É inclusiva e garante unha educación integradora e solidaria na que as desigualdades sociais non xeren marxinación. Na escola pública fórmase ao alumnado en valores como a igualdade, a convivencia e o respecto á diversidade.
- A pública tamén destaca pola súa innovación pedagóxica, unha metodoloxía educativa máis integral, crítica e comprometida, onde é importante a aprendizaxe de idiomas, a creatividade, a coeducación e a experimentación científica.
- E iso é posible grazas a un profesorado cualificado, que accedeu á súa praza mediante un proceso selectivo público que acredita a súa valía para o desempeño das súas funcións.
Imaxínasche unha escola así?
Existe e é a escola pública!
Gratuíta, de calidade, diversa, participativa, equitativa, e laica.
A túa, a de tod@s!
Ti que opinas? on "A túa escola, a de tod@s"